Arredor de nós: As escolas dos americanos
MP3•Episode hjem
Manage episode 279459539 series 2835995
Indhold leveret af Iago valverde. Alt podcastindhold inklusive episoder, grafik og podcastbeskrivelser uploades og leveres direkte af Iago valverde eller deres podcastplatformspartner. Hvis du mener, at nogen bruger dit ophavsretligt beskyttede værk uden din tilladelse, kan du følge processen beskrevet her https://da.player.fm/legal.
Emitido: 2017/11/25 Fai agora cen anos, en Galicia asistíase á floración e ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis xenuínas e senlleiras de cantas se teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución que comezaran a tomar corpo en varios daqueles espazos case ao mesmo tempo, á altura de 1904. Desde entón e ata o alborexar da década dos trinta, ano a ano e mes a mes foron constituíndose moreas de pequenas agrupacións locais nos territorios de alén mar que tiñan por obxectivo en común contribuír á difusión do ensino nos lugares aos que proclamaban representar. Débenselles a elas as máis de trescentas aulas coas que axudaron a encher de luces o país, favorecendo a transición dunha sociedade na que prevalecía a cultura oral a unha nova xeira na que se ía ir abrindo paso a cultura escrita, sobre todo mercé á difusión e penetración da escola nos contextos rurais. Tres séculos antes xa, da man dos filántropos indianos, a intervención dos galegos do exterior no ámbito educativo fixera a súa aparición. As dúas variantes coexistirán durante boa parte da primeira metade do pasado século, aínda que con intensidades e perfís ben distintos ao longo do seu percorrido. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/arredor-de-nos
…
continue reading
37 episoder